Edit Content
Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Novas

O Xeoparque Cabo Ortegal recibe ao alumnado gañador da Olimpíada de Xeoloxía

O alumnado de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros visitou onte o Xeoparque Cabo Ortegal. Logo de ser os vencedores da fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía, celebrada o pasado 4 de febreiro, os mozos e mozas deste instituto de Santa Cruz de Oleiros achegáronse a coñecer o territorio de primeira man. A visita […]

Leer [+]

Comeza o proceso de adhesión de empresas turísticas ao Xeoparque Cabo Ortegal

O Teatro da Beneficencia de Ortigueira acolleu onte o acto de lanzamento do Plan de mellora e acreditación de empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación da deputada de Plans Provinciais, Cristina García Rey,  o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, a concelleira de Turismo de Ortigueira, Joaquina Piñeiro, o xerente da […]

Leer [+]

Comité de Sostibilidade Turística: que é e como funciona

Hai uns días demos a coñecer a creación dun novo órgano chave para a gobernanza turística do xeoparque: o Comité de Sustentabilidade Turística. Este comité nace co obxectivo de reforzar un modelo de turismo responsable, equilibrado e aliñado cos valores do territorio. O Comité de Seguimento da Sostibilidade turística e desenvolvemento local é un instrumento […]

Leer [+]

A Xunta Directiva da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal aproba a creación do Comité de Sostibilidade Turística

A Xunta Directiva da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal aprobou, na súa última reunión, o regulamento do Comité de Seguimento da Sostibilidade Turística e do Desenvolvemento Local do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación do vicepresidente da Deputación provincial, as alcaldesas e alcaldes dos sete concellos integrados no Xeoparque, […]

Leer [+]

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu a máis de 300 escolares no primeiro trimestre do curso

O Xeoparque Cabo Ortegal foi, nestes últimos meses do ano, o escenario elixido por moitos centros escolares para realizar saídas divulgativas co alumnado. Un total de 323 persoas, procedentes de diferentes entidades educativas e niveis de ensinanza, visitaron o espazo xeolóxico de Ortegal para coñecer as peculiaridades da paisaxe de man do xeólogo e director […]

Leer [+]

A climatoloxía e a orografía dos cantís de Campelo, en Valdoviño, poderían provocar novos derrubamentos nos vindeiros días

O temporal provocou na tarde do pasado luns un derrubamento na zona dos cantís de Campelo, no Concello de Valdoviño. Aínda que as imaxes resultan moi impactantes, o certo é que “se trata do proceso natural de erosión do cantil”, tal e como explicou o xeólogo e director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, Francisco Canosa, […]

Leer [+]

O Xeoparque Cabo Ortegal conta con 22 novos guías especializados no territorio

A Casa da Cultura de Valdoviño foi esta mañá o escenario da entrega de diplomas para os alumnos e alumnas que completaron a formación en guía-intérprete do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación do alcalde de Valdoviño, Alberto González, e a Deputada de Plans Provinciais e asistencia a municipios, Cristina García. O noso […]

Leer [+]

Nace a marca KB0 Ortegal para produtos agroalimentarios e do mar do territorio

A Nave do Mercado de Moeche acolleu a presentación de KB0 Ortegal, a nova marca de produtos agroalimentarios e do mar do Xeoparque Cabo Ortegal. Esta iniciativa, enmarcada dentro do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, nace para reforzar a identidade do territorio e destacar o enorme valor a súa materia prima e tradición culinaria. A […]

Leer [+]

O Xeoparque Cabo Ortegal súmase á iniciativa da comunidade científica das Ciencias da Terra para a posta en valor da xeoloxía

O 18 de novembro de 2025 unha representación de organismos, asociacións e colexios profesionais da Xeoloxía compareceu ante a Comisión de Ciencia, Innovación e Universidades e a Comisión de Educación, Formación Profesional e Deportes do Congreso dos Deputados para defender a importancia estratéxica da xeoloxía na sociedade e reclamar o seu recoñecemento nas políticas científicas, […]

Leer [+]

O Xeoparque Cabo Ortegal inicia o proxecto para a implementación do Sistema Europeo de Indicadores Turísticos

O Xeoparque Cabo Ortegal inicia un novo proxecto para a implementación do Sistema Europeo de Indicadores Turísticos (ETIS) no territorio e continúa adoptando medidas para avanzar cara o seu modelo de Destino Turístico Sostible. Esta acción suporá un fito importante para o turismo xeolóxico na comarca, xa que estes medidores permiten avaliar obxectivamente o impacto […]

Leer [+]

O Xeoparque Cabo Ortegal recibe visitas de centros escolares da provincia

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu durante as últimas semanas visitas de escolares procedentes de diferentes centros da provincia da Coruña. O alumnado do Ciclo CS Guía, información e asistencia turísticas do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro; e estudantes da ESO e bacharelato do IES Telleiras, de Narón; o IES Eduardo Pondal, de Ponteceso; e o IES […]

Leer [+]

O Proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal: Impulsa o teu negocio turístico

A Deputación de A Coruña lanza un proxecto de formación e asesoramento para mellorar a competitividade dixital das empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal. A Deputación de A Coruña, a través do Xeoparque Cabo Ortegal, presenta un proxecto innovador enmarcado no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), co obxectivo de mellorar a visibilidade dixital […]

Leer [+]