A costa de Meirás está chea de tesouros xeolóxicos: por exemplo, as dunas remontantes a carón do Faro de Punta Frouxeira, ou as rochas subvolcánicas na zona do Porto, onde ademais é posible ollar os vestixos da intensa actividade mineira que tivo lugar nesta zona a comezos do século XX. Nestas minas explotouse un mineral rico en arsénico, chamado arsenopirita, que as veces tiña incluso cantidades significativas de ouro e prata.
📍 Punto de inicio: Faro de Punta Frouxeira
🚶♂️ Duración: 4 horas | Distancia: 4 km
🥾 Dificultade: baixa (aconsellable levar calzado cómodo)
🧑🏫 Guiada por Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía
💶 10 € adultos | 6 € menores de 15 anos
Calendario de saídas 2025:
| HORARIO | XULLO | ||
|---|---|---|---|
| 10:00 – 13:30 | 9 |
Unha iniciativa para a posta en valor da riqueza xeolóxica do territorio
O relato do territorio a través dos seus vestixios máis destacados
¡No se han encontrado entradas!
Lugares de relevancia arqueolóxica. Organízate para ver todo o que ofrece o Xeoparque Cabo Ortegal: costa, interior, montaña… Aquí tes unha mostra!
Desfruta de auténticos balcóns e miradoiros á inmensidade do Océnao Atlántico e ás montañas da Serra da Capelada
O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal convida un ano máis á cidadanía a descubrir os segredos xeolóxicos do territorio a través das súas Xeorrutas de verán, que se desenvolverán entre os meses de xullo e agosto nos sete concellos que conforman o Xeoparque.
Información das rutas : https://xeoparquecaboortegal.gal/xeorrutas-veran-2025/
Inscricións aquí: https://bit.ly/4laXg05