Imprescindibles
De visita obrigada
Imprescindible é un adxetivo que define moi ben todo o territorio do Xeoparque. Poucos lugares albergan un patrimonio natural, material e inmaterial tan variado, característico e inconfundible coma este.
Como en todo conxunto, á vez harmónico e diverso, destacan tamén aquí varios valores que contribúen de xeito máis especial a configurar o carácter exclusivo deste extremo noroeste de Galicia e de España. Cando veñas de visita por aquí, non deixes de achegarche a todos eles: son a mellor forma de comezar a comprender a singularidade e a heteroxeneidade deste amplo territorio.