PSTD
Transición verde sostible
6 actuacións destinadas á capacitación e mellora do sector turístico mediante criterios de sostibilidade, contribución climática e creación de empregos verdes.
Mellora da eficiencia enerxética
2 actuacións para a mellora das infraestruturas turísticas dos concellos do Xeoparque con criterios de sostibilidade e mobilidade sostible.
Transición dixital
5 actuacións para a dotación e fortalecemento das canles de promoción, xestión e comunicación on line do Xeoparque.
Competitividade
12 actuacións para a capacitación e fortalecemento do sector turístico, así como para a mellora da promoción e da oferta orientada á atracción de visitantes de xeito desestacionalizado e sostible.
Actuacións
As 25 accións transformadoras a levar a cabo no territorio dos sete concellos do Geoparque Cabo Ortegal.
1. Melloras da cualificación profesional do sector turístico: formación especializada.
Obxectivos
Desenvolvemento de formación especializada para labores de Guía-intérprete do Geoparque Cabo Ortegal, co obxectivo de capacitar aos profesionais e empresas na interpretación do patrimonio singular do territorio e adecuar o relato do Xeoparque aos diferentes segmentos de público. A actuación contempla dúas edicións dun curso de Guía-intérprete do Xeoparque do Cabo Ortegal, en formato semi-presencial, no que terán prioridade de participación as persoas interesadas que residen nos concellos do Xeoparque.
Axentes implicados
Orzamento
64.863,26 €
Prazo de execución
2025
2. Deseño e creación de programas educativos e de fomento da investigación.
Obxectivos
Mellorar o coñecemento, conservación e posta en valor dos recursos singulares, mediante actuacións enfocadas a investigación, conservación, xestión e valorización dos mesmos e o aproveitamento sostible, tendo en conta a necesidade de explorar medidas de adaptación ao cambio climático e impulsar a prevención e xestión de riscos relacionados co clima. Para iso realizarase un proxecto de investigación escolar nos Institutos de secundaria do territorio, guiado por expertos investigadores nas distintas materias, sobre como afecta o cambio climático a distintos ámbitos relacionados co patrimonio natural e cultural do Xeoparque do Cabo Ortegal.
Axentes implicados
Centros de ensino do territorio, centros e entidades de investigación, comunidade científica e comunidade escolar.
Orzamento
56.670 €
Prazo de execución
2025
3. Promoción da gastronomía e dos produtos agroalimentarios locais.
Obxectivos
O obxectivo é poñer en valor a gastronomía e os produtos agroalimentarios do territorio do Xeoparque Cabo Ortegal mediante o impulso da calidade, da promoción e da comercialización, así como a creación dunha marca especifica de produtos do Xeoparque Cabo Ortegal. A actuación divídese en dous contratos, o primeiro dos cales, correspondente ao Lote 4 de estudos do territorio, está en fase de finalización. Deste estudo sairán as actuacións de valorización e promoción de empresas e produtos que se levarán a cabo a través dun segundo contrato.
Axentes implicados
AXCO, concellos e empresas produtoras.
Orzamento
78.150 €
Prazo de execución
2025
4. Plan de mellora e acreditación de pequenas empresas turísticas (aloxamento, guías, actividades…).
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO, concellos e posibles propietarios/as (CMVMC) de terreos do percorrido das rutas.
Orzamento
51.060 €
Prazo de execución
2024-2025
5. Deseño e creación de programas de actividades de xeoturismo (xeorrutas, visitas e outras actividades.
Obxectivos
Creación dun sistema de mellora da calidade dos servizos turísticos que se prestan no Xeoparque, mediante o asesoramento e a capacitación ao sector, impulsando o traballo en rede e enfocado a trasladar unha imaxe da actividade turística aliñada co relato do Xeoparque do Cabo Ortegal. A actuación divídese en dous contratos, o primeiro dos cales, correspondente ao Lote 5 de estudos do territorio, estase finalizando. Deste estudo sairá a definición das actuacións que se levarán a cabo a través dun segundo contrato relacionadas coa capacitación e asesoramento ao sector turístico local.
Axentes implicados
Empresas do territorio e concellos.
Orzamento
54.450 €
Prazo de execución
2025
6. Creación dunha rede de centros de interpretación do Geoparque Cabo Ortegal.
Obxectivos
Axentes implicados
Empresas do territorio e concellos.
Orzamento
*O orzamento sera suplementando sobre os 54.450 euros iniciais para adaptalo ao orzamento estimado na memoria técnica.
54.450€
Prazo de execución
2025
7. Adecuación e mellora da rede de rutas de sendeirismo e BTT no territorio
Obxectivos
Crear unha rede de itinerarios ciclistas e peonís como alternativa de mobilidade sostible, de modo que se conecte o territorio, reducindo a pegada de carbono. Para acadar este obxectivo serán executadas unha serie de melloras nas rutas existentes no territorio, mediante accións de contribución ambiental e climática (adecuación, sinalización, mellora de accesibilidade, infraestruturas verdes, etc.). Está en fase de adxudicación o estudo previo de identificación das necesidades e melloras a executar en cada unha das rutas seleccionadas e nunha segunda fase levaranse a cabo o proxecto técnico e a implementación das melloras propostas para as rutas.
Axentes implicados
AXCO, concellos e posibles propietarios/as (CMVMC) de terreos do percorrido das rutas.
Orzamento
150.000 €
Prazo de execución
2024-2025
8. Mellora da eficiencia enerxética nos concellos do Xeoparque Cabo Ortegal.
Obxectivos
Mellora da eficiencia enerxética en varios recursos turísticos municipais, para reducir a pegada de carbono no desenvolvemento da actividade turística, ao tempo que se mellora a experiencia do/a visitante nestes espazos. Para elo contémplanse mellorar a iluminación ornamental dos castelos de Naraío (San Sadurniño), Moeche e a Concepción (Cedeira), a mellora da iluminación do Malecón de Ortigueira e melloras na climatización dos edificios do Museo do Surf de Valdoviño e na Casa da Pulida de Cariño. Está adxudicado o contrato para o servizo de revisión, actualización e visado dos proxectos existentes para, posteriormente asinar o convenio de colaboración cos concellos propietarios dos bens e licitar as obras.
Axentes implicados
Concellos.
Orzamento
207.109,64 €
Prazo de execución
2024-2025
9. Gabinete de Comunicación e marketing on line.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO e concellos.
Orzamento
39.930 €
Prazo de execución
2025
10. Creación dunha central de reservas para servizos do Xeoparque.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO, concellos e empresas do territorio.
Orzamento
40.000 €
Prazo de execución
2025
11. Ampliación de funcionalidades e contidos da páxina web.
Obxectivos
Deseñar e crear unha serie de actividades turísticas de xeoturismo e ecoturismo, coa participación das empresas locais, que permita atraer novos segmentos de público de xeito desestacionalizado e que anime ás empresas locais a comercializar as propostas creadas. Para iso licitarase un contrato para o deseño e desenvolvemento de dúas edicións dun programa de actividades, que contempla un mínimo de 7 visitas de xeoturismo e ecoturismo, con actividades experienciais diferenciadas en cada unha, para 20 persoas por actividade.
Axentes implicados
Empresas do territorio e concellos.
Orzamento
54.450 €
Prazo de execución
2025
12. Creación dunha App para a xestión e promoción do Camiño a Santo André de Teixido.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO e concellos
Orzamento
16.890 €
Prazo de execución
2025
13. Formación e asesoramento para a mellora do posicionamiento do destino en Google Travel Journey.
Obxectivos
Axentes implicados
Orzamento
32.670 €
Prazo de execución
2024-2025
14. Asistencia técnica para a xestión do PSTD Proxecto de Geoparque Cabo Ortegal.
Obxectivos
Asesoramento técnico e apoio na planificación das actuacións do plan, elaboración de pregos e convenios, seguimento das actuacións, elaboración de informes e tarefas de consultoría relacionadas coa xestión e seguimento do PSTD. A UTE Trivium- Atlantic Ortegal, formada polas empresas TRIVIUM estratexias de cultura e turismo e Atlantic Ponte SL está prestando o servizo de asistencia técnica, que se estende desde decembro de 2023 ata novembro do 2025.
Axentes implicados
AXCO, concellos, entidades amigas do Xeoparque, axentes do territorio e provedores
Orzamento
214.131,19 €
Prazo de execución
2023-2025
15. Implantación de indicadores ETIS (European Tourism indicator system) e modelo de xestión DTS.
Obxectivos
Deseño de estratexia participada de sostibilidade turística, e desenvolvemento dun plan de acción con actuacións concretas para alinearse co modelo de xestión DTS, baseado en 69 criterios que miden a sostibilidade ambiental, social e económica do territorio. O obxectivo é mellorar a planificación turística do territorio, capacitar ao persoal técnico e ás empresas que operan no destino e realizar accións relacionadas coa sostibilidade (por exemplo, poñer en marcha un foro de sostibilidade turística). A actuación divídese en dous contratos, o primeiro dos cales, correspondente ao Lote 2 de estudos do territorio, estase desenvolvendo, para posteriormente executar as actuacións que se determinen no mesmo.
Axentes implicados
AXCO, concellos, profesionais do sector e empresas.
Orzamento
36.300 €
Prazo de execución
2024-2025
16. Plan de marketing e estratexia de medios, online e offline.
Obxectivos
Axentes implicados
Orzamento
15.376,52 €
Prazo de execución
17. Dinamización e promoción do Camiño de peregrinación a Santo André de Teixido.
Obxectivos
Programa de deseño e desenvolvemento de atividades de dinamización e promoción do Camiño a Santo André de Teixido, implicando ás empresas do territorio, fomentando a creación e comercialización de experiencias e produtos arredor desta ruta de peregrinación. Esta actuación que contempla a creación de dúas edicións dun programa dun mínimo de 5 visitas experienciais distintas, unha por cada itinerario dos Camiños a Santo André de Teixido, para grupos de 20 persoas.
Axentes implicados
AXCO, concellos e empresas do territorio.
Orzamento
36.000 €
Prazo de execución
2025
18. Posta en valor de produtos do sector primario para o turismo.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO, concellos e empresas do sector primario e empresas produtoras.
Orzamento
72.600 €
Prazo de execución
2025
19. Deseño, creación e promoción de produtos e experiencias turísticas.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO, empresas e concellos.
Orzamento
36.000 €
Prazo de execución
2025
20. Plan de difusión e uso da marca e identidade corporativa do Xeoparque Cabo Ortegal.
Obxectivos
Axentes implicados
Concellos, empresas, asociacións, empresas, espazos de información turística ou museos.
Orzamento
32.670 €
Prazo de execución
2025
21. Creación dun banco de imaxes e material audiovisual de promoción.
Obxectivos
Axentes implicados
AXCO e concellos.
Orzamento
20.710 €
Prazo de execución
2025
22. Accións e material de promoción e publicidade para a mellora do posicionamiento do produto.
Obxectivos
Deseñar e crear unha serie de actividades turísticas de xeoturismo e ecoturismo, coa participación das empresas locais, que permita atraer novos segmentos de público de xeito desestacionalizado e que anime ás empresas locais a comercializar as propostas creadas. Para iso licitarase un contrato para o deseño e desenvolvemento de dúas edicións dun programa de actividades, que contempla un mínimo de 7 visitas de xeoturismo e ecoturismo, con actividades experienciais diferenciadas en cada unha, para 20 persoas por actividade.
Axentes implicados
Empresas do territorio e concellos.
Orzamento
54.450 €
Prazo de execución
2025
23. Organización de fams trips a outros xeoparques certificados.
Obxectivos
Deseñar e crear unha serie de actividades turísticas de xeoturismo e ecoturismo, coa participación das empresas locais, que permita atraer novos segmentos de público de xeito desestacionalizado e que anime ás empresas locais a comercializar as propostas creadas. Para iso licitarase un contrato para o deseño e desenvolvemento de dúas edicións dun programa de actividades, que contempla un mínimo de 7 visitas de xeoturismo e ecoturismo, con actividades experienciais diferenciadas en cada unha, para 20 persoas por actividade.
Axentes implicados
Empresas do territorio e concellos.
Orzamento
54.450 €
Prazo de execución
2025
24. Presenza en feiras, xornadas e eventos.

25. Deseño e elaboración de publicacións e material de difusión.