Serra da Coriscada
4h.


Segundo a ficha do LIX publicada polo IGME, trátase de anfibolitas pertencentes á Ofiolita de Purrido. Unha mostra destas anfibiolitas proporcionaou unha poboación de circóns datados en arredor de 1.160 millóns de anos de antigüidade, e unha poboación incluso máis antiga (c.1.600 Ma). Porén, outras mostras de anfibolitas teñencircóns cunha idade repetitiva duns 395 Ma., que se considera a idade real destes protolitos das anfibolitas, e polo tanto da unidade. A orixe dos circóns antigos é incerta. O LIX está pendente de descrición e delimitación definitiva.