Para coñecer todas as actividades, eventos, novas e anuncios do Concello de Cedeira, podes rexistrarte no servizo de información a través do whatsapp “Cedeira Informa”.
Para rexistrarse, os interesados deben seguir estes pasos:
1. Garda o número 604 024266 co nome “Cedeira Informa” na túa lista de contactos.
2. Envía un whatsapp ao contacto “Cedeira Informa” co texto “Alta información Concello de Cedeira”.
A Oficina de Turismo dispón de wifi aberto.
O Concello de Cedeira pon a disposición dos visitantes e residentes a través da páxina web, información de interese turístico que pode resultar de utilidade, e que tamén está dispoñible na propia oficina de turismo.