Neste museo alberganse os achados arqueolóxicos do patrimonio ortegano.
Consta dunha exposición permanente onde se amosan os achados arqueolóxicos do patrimonio de toda a comarca de Ortegal. Percorrido virtual desde a prehistoria ata a actualidade, dos diferentes pobos do territorio. Sobresaínte é a cámara megalítica máis antiga de Galicia (4.400 a.C.), procedente da Necrópole tumular de Forno dos Mouros. Tamén conta co punto de interpretación do espazo protexido Ría de Ortigueira-Ladrido.