Edit Content

Benvido/a a
Cabo Ortegal

un xeito de vida

Faro de Cabo Ortegal (Cariño)

schedule 45 minutos
×

Descripción

Estamos ante un dos puntos máis emblemáticos do Xeoparque. Trátase dun faro moderno, construído en 1984 pero cun alto valor sentimental para toda a xente deste lugar. Atópase situado no cabo do mesmo nome, declarado Lugar de Interese Comunitario e dentro do Xeositio Complexo Cabo Ortegal. Desde aquí podemos albiscar a Punta dos Aguillóns e o maior afloramento de ecloxitas do mundo. Aquí tamén se extraen algúns dos percebes mellor considerados de Galicia (e do mundo), nacidos en augas osixenadas polo continuo bater do mar contra as rochas.

sell

Tags

Cultural Experiencias Imprescindibles Patrimonio