



O "castelo da Concepción" foi construído en 1747, sitúase nunha posición elevada á entrada da Ría de Cedeira, preto do porto pesqueiro. Posúe planta irregular adaptada ao terreo. A entrada faise polo lado norte, o máis elevado, baixando unha costa e unhas escaleiras a través das que se accede ao primeiro nivel, onde se atopan a cociña, as dependencias do mando, as da tropa e o polvorín; no nivel inferior sitúanse a garita de vixilancia e unha serie de baterías con troneras abertas en dous frontes. Ergueuse como único medio de defensa da vila. Despois dos acontecementos da guerra con Inglaterra foi construído con financiamento real, coa doazón dos materiais e instrumentos, como os canóns non utilizados en Ferrol, e coa axuda da poboación construíuse o castelo. Hoxe en día constitúe un magnífico miradoiro sobre toda a ría de Cedeira e ademais é museo e centro de interpretación que está aberto ao público.