O municipio limita ao norte con San Saturniño, ao sur con Monfero, ao leste con Pontes de García Rodríguez e ao oeste con Cabanas. A súa superficie é de 59 km², cunha poboación de 1.439 habitantes (INE 2008) e unha densidade de 24,81 habitantes por quilómetro cadrado.
Ten unha altura media de 450 m, e está atravesada polos vales do Eume e o Belelle. No val do primeiro están as Fragas do Eume. O Belelle baixa da serra do Forgoselo e cruza o municipio de leste a oeste.