Edit Content

Na tarde do pasado venres 15 de setembro, tivo lugar unha reunión do Comité Científico, formado por 22 profesionales de distintas especialidades e disciplinas, órgano fundamental para garantir, entre outras accións, a promoción de estudos científicos no territorio.

Esta reunión do Comité Científico tivo lugar de forma online, para facilitar a asistencia, a que finalmente acudiron boa parte de todas e todos os compoñentes que forman parte do mesmo. O Comité está composto por catedráticos, investigadores e persoas significativas de distintos ámbitos como a xeoloxía, desenvolvemento rural, paisaxe, antropoloxía, física, edafoloxía, xeomorfoloxía, petroloxía, bioloxía, arqueoloxía e patrimonio cultural.

Trátase dun órgano consultivo, fundamental para a figura dos Xeoparques, que ten como principal obxectivo contribuír á investigación científica en distintas áreas, definindo estratexias e promovendo iniciativas que contribúan ó desenvolvemento dos aspectos científicos do xeoparque. Tamén traballa na promoción de estudos e na elaboración de proxectos entorno ó territorio, así como asesora á asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal en distintas materias, tanto en contidos como en discurso, informando e participando activamente en accións claves do xeoparque e favorecendo o desenvolvemento social e económico do territorio.

Compoñentes do Comité Cientifico do Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal:

 

Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal

Para ser Xeoparque Mundial da UNESCO, os territorios deben cumplir unha serie de requisitos, como ser un territorio unificado xeográficamente, con referentes xeolóxicos únicos. No caso de Cabo Ortegal, o proceso de certificación iniciase no ano 2020, culminando no ano 2022 cos informes positivos emitidos polos avaliadores internacionais da UNESCO que visitaron o territorio nese mesmo verán. Xa en 2023, proponse oficialmente a candidatura ante a Comisión Internacional de Xeoparques da UNESCO e posteriormente certifícase na 216ª asamblea do Consello Executivo da UNESCO en maio de 2023.

A obtención deste distintivo da UNESCO posibilita e incentiva a ampliación do coñecemento do territorio. Os xeoparques exercen tamén como fio conductor dun turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía…e por suposto, coa xeoloxía. Actualmente estase a traballar no proxecto educativo e en varias actuacións que buscan mellorar a visibilización do xeoparque tanto na poboación local como nos turistas. Ademáis, unha exposición itinerante sobre o Xeoparque Cabo Ortegal está a percorrer todos os concellos do territorio. Próximamente poñerase en marcha de novo o programa de intervencións murais, así como a convocatoria de dúas prazas de persoal propio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *