Edit Content

Benvido/a a
Cabo Ortegal

un xeito de vida

Roteiro Fraga dos Casás

schedule 3 horas
Más información de la ruta
×

Descripción

RUTAS DE FRAGAS: AS FRAGAS DOS CASÁS
Ferrolterra-Rías Altas caracterízase polo seu enorme patrimonio natural. Os seus bosques atlánticos ou fragas, representantes da vexetación galega, distínguense polos seus ecosistemas de elevada biodiversidade.
Na Fraga dos Casás, situada á beira do río Mera, entre as Grañas do Sor e as Fragas do Eume, poderemos apreciar as características dunha auténtica fraga, rodeados dunha inmensa variedade arbórea: carballos, castiñeiros, acivros, cerdeiras, xibardas, sanguiños...
Tamén nos poderemos atopar gran variedade de especies ornitolóxicas e outro tipo de fauna. Ademais, é unha zona micolóxica moi rica, que fai deste bosque un destino ideal para as persoas amantes das setas.
Durante a ruta, pasaremos por restos de antigas fraguas do carbón ou as covas dos ourizos, elementos que nos dan pistas de que no pasado se aproveitaba todo o que a natureza nos ofrecía.
Teremos especial atención na zona do río, debido a posibles crecidas e ao estado da vexetación.
sell

Tags

Senderismo