Serra da Coriscada
4h.

De gran interese arquitectónico, o centro histórico de Ortigueira alberga edificios de gran importancia como o Teatro da Beneficencia do século XIX, a igrexa e convento dominico construído no século XIV e o fermoso mercado antigo de mediados do século XX. Tamén cómpre destacar o barrio do Ponto e a Rúa Real, de fachadas modernistas. Caminando cara ao alto do pobo, pódese visitar o muíño de vento Campo da Torre, construído en 1888 sobre un antigo poboado castrexo. Tamén alí e desa mesma época atopamos o espectacular cemiterio, con impoñentes vistas sobre a ría.