Edit Content

Benvido/a a
Cabo Ortegal

un xeito de vida

Paseo Fluvial (San Sadurniño)

schedule 1 hora
×

Descripción

As beiras do río Xubia, cualificado como Zona de Especial Conservación polo programa Rede Natura 2000, acompañan este cómodo paseo fluvial, apto para toda a familia e ideal para coñecer a flora máis característica dos vales deste territorio. Ao longo do camiño, sempre xunto ao río, atópase o Arboreto Galego de A Cortiña, con varias esculturas de madeira e numerosas especies arbóreas autóctonas, formando tamén parte, xunto cos xardíns municipais, do programa Vilas en Flor, que recoñece o valor de riqueza natural e paisaxística a través do recoñecemento público de diferentes proxectos.

sell

Tags

Experiencias Imprescindibles Natureza Senderismo